O sistema “SATE” para fachadas (Sistema de Illamento Térmico Exterior) é unha solución construtiva, cada vez máis utilizada, estudada para revestir as edificacións cunha envolvente continua e illante que incorpora un acabado definitivo impermeable e transpirable, e que permite adecuálas ás novas necesidades de aforro enerxético. É moi utilizado en rehabilitación, pero tamén en obra nova. A súa orixe sitúase en Centroeuropa cara o ano 1950, polo que non á un sistema novo. Actualmente emprégase en todo o mundo, cun importante repunte nestes últimos anos en Galicia, fundamentalmente pola influencia de Portugal.
É un sistema útil para aforrar enerxía tanto nos climas fríos coma nos cálidos, debido a que protexe o edificio dos cambios de temperatura exteriores, conservando no interior unha temperatura máis constante que os sistemas trradicionais. Compórtanse coma unha pel que envolve exteriormente a fachada na súa totalidade, evitando as pontes térmicas (discontinuidades ou faltas de illamento).
Está formado polas seguintes capas:
1. Cerramento exterior da edificación, que serve de base sobre a que comenzar a aplicar o sistema. Pode ser ladrillo, bloques prefabricados de formigón, muro de formigón armado, etc, revestidos (no caso de rehabilitación) ou sen revestir (en obra nova).
2. Panel Illante térmico fixado o cerramento base con pezas especiais e morteiro adhesivo. Os máis utilizados son o poliestireno expandido, a lá de rocha, a lá mineral, a cortiza expandida, etc. O espesor mínimo é de 6 cm, pero na actualidade xa se están colocando espesores superiores a 8 cm.
3. Unha capa fina de morteiro polimérico (endurece rapidamente e é resistente as inclemencias metereolóxicas) armado cunha malla, habitualmente de fibra de vidro.
4. Unha capa de morteiro con acabado fino que serve de imprimación para a capa de acabado.
5. O revestimento acrílico final, que é o acabado definitivo, e que pode ter diferentes cores, texturas, etc.
As principais ventaxas do sistema son as seguintes:
- Minimízase o risco de humidades de condensacións no interior das edificacións.
- O acabado acrílico é impermeable á auga (funciona como unha impermeabilización) pero permite a transpiración do cerramento, é dicir, é permeable ó vapor de auga.
- Mantén a envoltura exterior e a estrutura do edificio en condicións térmicas moi estables, contribuíndo de maneira decisiva ó mantenemento dos materiais de construción ó longo do tempo grazas a que evita as oscilacións de temperatura causantes en moitas ocasións de fendas, fisuras, infiltracións de auga, etc.
- É un sistema respectuoso co medio ambiente, xa que non dispersa substancias contaminantes nin nocivas, pode reciclarse, reduce as perdas enerxéticas, e como consecuencia pode alcanzar criterios de sostenibilidade moi elevados.
- En rehabilitación ten a ventaxa que non reduce o espazo inteior das vivendas, revaloriza o inmoble, non son necesarias obras interiores, pode aplicarse directamente sobre o revestimento existente (excepto cando existan riscos de desprendemento) e, sobre todo, ten un periodo de amorización moi curto (redúcese drásticamente o consumo enerxético).
- Ten un prezo competitivo con respecto a outros sistemas eficientes:
SATE 45/65 €/m²
FACHADA TRANSVENTILADA 110/150€/m²
FACHADA VISTA 75/120 €/m²
Existen varias marcas comerciales no mercado que traballan este sistema como por exemplo “Coteterm”, “Weber .Therm”, “Fassatherm”, etc.
Aquí vos deixo un enlace cun sinxelo video explicativo da súa aplicación e representativo dos diferentes componentes do sistema.
Boas tardes. Quixera facer unha enquisa acerca do contido deste artigo, e é a seguinte:
Nunha edificación de pedra antiga, pódese empregar este tipo de illamento, ou hai algunha alternativa? Posto que á xente que ten esas casas non está pola labor de agochar á pedra rústica, además de que agora xa non o permiten como antigamente que as receba antes por fóra.
Gracias de antemán e sobre todo pola cantidade de información que nos proporciona á través das redes sociais, as cales sigo con frecuencia.
Boa tarde Xandre.
Antes de nada quería agradacer o teu seguemento nas redes sociais (véxote moi a menudo por esos lares). Para que cho vou a negar, encántanos ver que hai xente coma ti, ás que lles parecen interesantes as nosas publicacións.
Paso a responder o túa pregunta: Nese caso que comentas, o illamento hai que resolvelo polo interior, xa que como moi ben apuntas, non parece a mellor solución tapar a cantería exteriormente. Como do que se trata é de non perder demasiado espazo no interior, unha solución bastante habitual neses casos é instalar un trasdosado interior de cartón-xeso (“pladur” para enterdernos)que, ó ir colocado sobre unha estrutura auxiliar de perfís metálicos, podremos aproveitar para encher con illamento térmico entre cada perfil. Nese sentido, un illamento térmico moi eficiente (e ademais ecolóxico) sería a lá de rocha. O espazo mínimo que perderíamos serían sobre 7 cm, contando a prancha de “pladur”, 5 cm de illamento térmico e 1 cm de cámara de aire.
Espero que respondera ó teu comentario, e se queres algunha outra aclaración, non dubides en colgala.
Un saúdo!!!, Xosé Ramón Garrido