TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar
SITUACIÓN / Redondela (Pontevedra)
PROMOTOR / Privado
ESTADO / En proxecto
SUPERFICIE ÚTIL / 292,80 m²
SUPERFICIE CONSTR. / 353,30 m²
Consumo de Enerxía Primaria non Renovable/A
Consumo de Enerxía Emisións de Dióxido de Carbono/A
DESCRICIÓN
A edificación proxectada sitúase nun terreo con fronte á vía pública que, topográficamente, conta cunha pronunciada pendente descendente cara á ela. Segundo a Normativa vixente, a edificación deberá de arrimarse a unha medianeira preexistente na orientación suroeste, cunha ocupación máxima que está limitada polas aliñacións do Planeamento.
Deste xeito, a vivenda desenvólvese en dúas plantas sobre rasante, un pequeno aproveitamento baixocuberta para permitir o acceso á cuberta transitable con interesantes vistas, en unha planta semisoterrada, cunha zona exterior cuberta de aparcamento/porche e outra interior para almacenaxe, instalacións, lavandería, etc. A planta baixa conta cunha superficie lixeiramente superior á planta primeira, grazas a un porche cuberto exterior que ocupa a totalidade da superficie permitida que definen as aliñacións oficiais. Está variación de superficie intencionada, xera unha sinxela unha descomposición volumétrica escalonada que busca unha mellor adaptación á forma e escala do terreo na orientación norlesle.