TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar
SITUACIÓN / Gondomar(Pontevedra)
PROMOTOR / Privado
ESTADO / En proxecto
SUPERFICIE ÚTIL / 200´70 m²
SUPERFICIE CONSTR. / 230´30 m²
DESCRICIÓN
A edificación sitúase próxima ós lindeiros norte e oeste do terreo, na zona máis elevada. Desenvólvese totalmente en planta baixa, cunha disposición en forma de , órredor dun espazo exterior de ocio, semicuberto e con piscina, con fácil acceso dende todas as estancias da vivenda para poder disfrutalo. A cuberta é inclinada cunha única vertente que acompaña a pendente natural do terreo.
Coma sempre, co proxecto intentamos alterar mínimamente as condicións do contorno, na busca dunha mellor adaptación á forma, escala, topografía e orientacións da parcela, empregando un estilo arquitectónico contemporáneo.