NOVA CONSTRUCIÓN

TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar

SITUACIÓN / Vigo (Pontevedra)

PROMOTOR / Privado

ESTADO / Finalizada

SUPERFICIE ÚTIL / 271,40 m²

SUPERFICIE CONSTR. / 299,85 m²

Consumo de Enerxía Primaria non Renovable/B

Consumo de Enerxía Emisións de Dióxido de Carbono/A

DESCRICIÓN

A edificación sitúase na zona máis elevada dun terreo con forte pendente e cunhas interesantes vistas sobre o Val do Fragoso. O acceso, tanto a pe como en coche, realízase pola parte superior, de aí que se optara por desenvolver a planta principal (planta primeira) a ese nivel, con 4 dormitorios, 2 baños, estar/comedor, cociña, lavandería, aparcamento cuberto e unha xenerosa terraza cuberta orientada ás vistas. Nun nivel inferior e semisoterrada, sitúase a planta baixa, cun local de usos múltiples, cuarto de instalacións/almacén, baño e comedor exterior cuberto.

O acabado das fachadas de planta baixa, máis en contacto co terreo, é granítico, na busca dunha mellor integración do conxunto, e serve de zócolo da planta primeira, con acabados en branco e madeira.