TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar
SITUACIÓN / Mos (Pontevedra)
PROMOTOR / Privado
ESTADO / En proxecto
SUPERFICIE ÚTIL / 184´20 m²
SUPERFICIE CONSTR. / 209´20 m²
DESCRICIÓN
Trátase dunha vivenda en planta baixa composta por tres dormitorios, aseo, baño, cociña, estar/comedor, cuarto de instalacións/lavandería, garaxe/aparcamento e porche cuberto.
A súa organización en forma de “T”, permite situar as diferentes estancias conforme ás necesidades funcionais e bioclimáticas. Así, na zona norte, sitúase un garaxe exterior cuberto e as instalacións, na sur os dormitorios e na leste o estar e a cociña. A cuberta, cunha única vertente suavemente inclinada uniformiza todo o conxunto.
Coa implantación da edificación (organización de espazos, altura, volumetría) buscamos alterar mínimamente as condicións do contorno, así como adaptarnos a forma, dimensións, orientacións e topografía da parcela, empregando un estilo arquitectónico contemporáneo.
Para o cerramento de fachada utilizarase un sistema de iilamento térmico polo exterior, máis coñecido como “SATE”, composto por unha única folla, a base de bloque cerámico de termoarxila, illamento térmico e morteiro con acabado acrílico, combinado cun sistema transventilado de paneis de aluminio composite.