NOVA CONSTRUCIÓN

TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar

SITUACIÓN / Poio (Pontevedra)

PROMOTOR / Privado

ESTADO / En construción

SUPERFICIE ÚTIL / 309,10 m²

SUPERFICIE CONSTR. / 354,90 m²

Consumo de Enerxía Primaria non Renovable/A

Consumo de Enerxía Emisións de Dióxido de Carbono/A

DESCRICIÓN

A vivenda conta con dúas plantas sobre rasante, destinadas na súa totalidade a vivenda, garaxe e praza de aparcamento. Poxéctanse tamén dúas edificacións complementarias en planta baixa, destinadas a almacén, lavandería, etc, e que se sitúan arrimadas ó lindeiro sur do terreo e acaroadas coa fachada sur da propia vivenda. Tamén se constrúe unha pequena piscina exterior, totalmente soterrada, a nivel da planta baixa.

A maior parte da superficie do conxunto das edificacións proxectadas desenvólvese en planta baixa, deste xeito, a notable diferenza volumétrica entre a planta baixa e a planta alta, provoca premeditadamente unha sinxela descomposición volumétrica escalonada do conxunto, que busca unha mellor adaptación ó terreo e suaviza a transición coa parcela lindante polo sur, na zona na que se sitúan as edifcacións complementarias. Con esta disposición escalonada preténdese alterar mínimamente as condicións do contorno, na busca dunha mellor adaptación á forma e escala da parcela. Os diferentes materiais e texturas empregados en fachada (granito, revestimento branco e aluminio gris) contribúen a enfatizar estes aspectos e tratan de achegar maior lixeireza á volumetría.

Co conxunto de edificacións proxectado, intentamos adaptarnos á forma, dimensións, orientacións e topografía da parcela, empregando un estilo arquitectónico contemporáneo, que á súa vez harmonice, na medida do posible, coas edificacións existentes no contorno próximo.