TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar
SITUACIÓN / Estrada de Valadares, Vigo (Pontevedra)
PROMOTOR / Privado
ESTADO / Finalizada
SUPERFICIE ÚTIL / 118´05 m²
SUPERFICIE CONSTR. / 141´60 m²
DESCRICIÓN
Esta pequena vivenda unifamiliar ten a particularidade de que foi construída reutilizando os materiais das fachadas, cuberta e cimentación dun antigo alpendre para cortes de animais en estado ruinoso, que estaba aproximadamente na mesma posición que agora ocupa a vivenda. Todo o perpiaño de granito das fachadas e parte da tella cerámica da cuberta proceden da demolición do citado alpendre. Ó mesmo tempo aproveitouse para recuperar un hórreo que se reconvertiu nunha curiosa biblioteca. O resultado foi unha interesante combinación entre o tradicional e o contemporáneo.