PROXECTO NOVA CONSTRUCIÓN

NOVA CONSTRUCCIÓN

TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar

SITUACIÓN /  R/Parada, Cabral, Vigo (Pontevedra)

PROMOTOR /  Privado

ESTADO /   Finalizado

SUPERFICIE ÚTIL /   243´60 m²

SUPERFICIE CONSTR.  /   284´05 m²

DESCRIPCIÓN

O proxecto parte da esixencia dos clientes de resolver un amplio programa de necesidades nunha única planta, agás o garaxe e instalacións que poderían estar en planta soto. A tarefa presentábase complicada, dado que as dimensións do terreo non eran demasiado xenerosas, e a súa forma trapezoidal complicaba inicialmente o seu aproveitamento.

Con estes condicionantes, e tendo moi en conta as orientacións á hora de configurar os diferentes espazos, o proxecto resolveuse de xeito orgánico, é dicir, organizando as partes da construción en consonancia co conxunto da obra, e ésta co contorno.

O resultado é unha edificación en forma de “V”, na que se establecen roturas do plano de fachada que amosan exteriormente a distribución interior, e que permite, por unha banda privatizar o terreo interior con respecto ó vial de acceso, e por outra gozar do mesmo a través de xenerosas cristaleiras e un porche cuberto.A maior altura do estar/comedor permite fragmentar a cuberta plana, e unha pequena piscina descuberta serve de remate do terreo con respecto á parcela lindante.
A vivenda, que ofrece as máximas posibilidades de uso adaptándose ó terreo, conta cunha elevada eficiencia enerxética, grazas ó estudo das orientacións, e ó emprego de enerxía xeotérmica para calefacción, auga quente e piscina exterior.
subir

CASA DECORACION CABRAL
CM3

CM4
CM5