cjjavier1

NOVA CONSTRUCCIÓN

TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar

SITUACIÓN / Avenida de Peinador, Cabral, Vigo

PROMOTOR / Privado

ESTADO / En construción

SUPERFICIE ÚTIL / 212´60 m²

SUPERFICIE CONSTR. / 258´90 m²

DESCRICIÓN

Para o desenvolvemento do Proxecto, partiuse dos seguintes condicionantes; a forma e a topografía da parcela, moi irregular, e cunha pendente moi acusada; a proximidade dunha edificación moi deteriorada polo lindeiro oeste que deixa vista unha medianeira de máis de 5 metros de altura; unha aliñación de viario que reduce considerablemente a superficie do terreo; a busca dunhas orientacións adecuadas para a configuración dos diferentes espazos e para obter unha boa eficiencia enerxética.
Con estes condicionantes básicos de partida, o proxecto resolveuse de xeito orgánico, establecendo roturas e xiros dos planos de fachada que manifestan exteriormente a distribución interior. Os dormitorios secundarios orientanse ó leste, mentras que o principal, o de invitados, o salón/comedor e cociña, fano ó sur protexidos do soleamento por xenerosos voos en cuberta que permiten crear unha terraza e un porche exterior.

Na zona na que se sitúa a medianeira vista coa edificación colindante, a vivenda é practicamente cega. Neste sentido, as diferentes roturas de planos en fachada, permiten a creación de ócos que se manteñen ó marxe das medianeira, e se orientan ás vistas.
A vivenda, que ofrece as máximas posibilidades de uso adaptándose ó terreo, conta cunha elevada eficiencia enerxética, grazas ó estudo das orientacións, e ó emprego de enerxía xeotérmica para calefacción e auga quente.
Por outra banda, o planeamento do Concello de Vigo obriga á ocultación de parte das medianeiras vistas, polo que se creou unha zona dedicada a lavado e tendal, que dá servizo á vivenda, proxectada cunha estrutura desmontable de vidro, aceiro e tramex, que tamiza o impacto visual da medianeira vista.

cjjavier3
cjjavier4