
TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar
SITUACIÓN / Moaña (Pontevedra).
PROMOTOR / Privado
ESTADO / En construción.
SUPERFICIE ÚTIL / 335 m²
SUPERFICIE CONSTR. / 387 m²
Calificación enerxética/A/A
DESCRICIÓN
A vivenda sitúase na zona máis elevada dun terreo con elevada pendente, cunha disposición que busca adaptarse á topografía preexistente, modificándoa mínimamente. Conta con dúas plantas, nas que tódolos espazos vivideiros (estar, cociña, dormitorios, etc) están volcados á mellor orientación e soleamento (surleste), así como ás excelentes vistas sobre a ría de Vigo.
A maior parte da superficie desenvólvese en planta primeira, á que se accede dende a vía pública, mentres que a planta baixa desenvólvese semisoterrada, aproveitando a pendente natural do terreo, xerando un espazo de porche, que remata en “L”, nunha zona de asador, vinculado a unha xenerosa piscina soterrada. Así, a descomposición volumétrica escalonada xenerada, permite unha mellor adaptación á forma, escala e peculiares características topográficas do terreo, todo elo, empregando un estilo arquitectónico contemporáneo, que á súa vez harmonice, na medida do posible, coas edificacións existentes no contorno próximo e a morfoloxía do asentamento.


