TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar
SITUACIÓN / Vigo (Pontevedra)
PROMOTOR / Privado
ESTADO / En construción
SUPERFICIE ÚTIL / 359,50 m²
SUPERFICIE CONSTR. / 419,10 m²
Consumo de Enerxía Primaria non Renovable/B
Consumo de Enerxía Emisións de Dióxido de Carbono/A
DESCRICIÓN
A edificación proxectada ten relación cun núcleo de outras catro vivendas, situadas practicamente á mesma cota, e desenvólvese en dúas plantas para vivenda máis un soto para garaxe, almacén, etc. Coa maior dimensión volumétrica da planta baixa, búscase unha mellor adaptación á forma e escala do terreo. Con esta disposición preténdese alterar mínimamente as condicións do contorno. Os diferentes materiais empregados en fachada (perpiaño de granito e paneis composite) tratan de achegar maior lixeireza á volumetría.
Co proxecto presentado, intentamos adaptarnos á forma, dimensións, orientacións e topografía da parcela, empregando un estilo arquitectónico contemporáneo, que á súa vez harmonice, na medida do posible, coas edificacións existentes no contorno próximo e a morfoloxía do asentamento. A utilización de cuberta plana resulta, ó noso entender, fundamental no proxecto, pois conseguimos resolver a edificación cunha menor altura (minimizando o impacto visual), unha mellor adaptación á disposición escalonada da edificación e tratamos de manter parte da identidade da arquitectura popular, grazas á sinxeleza e pureza de liñas que a súa utlización aporta ó proxecto.