TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar
SITUACIÓN / A Cañiza (Pontevedra)
PROMOTOR / Privado
ESTADO / En proxecto
SUPERFICIE ÚTIL / 262,50 m²
SUPERFICIE CONSTR. / 318,00 m²
Calificación enerxética / Pendente de estudo
DESCRICIÓN
A vivenda contará con dúas plantas, unha delas (a primeira) totalmente sobre rasante, e a outra (a baixa) semisoterrada, con acceso a nivel do camiño, situado a cota inferior. Tamén se pretende construir unha piscina exterior, en continuidade coa planta baixa, na zona máis ó sur do terreo.
A maior parte da superficie da vivenda desenvólvese en planta baixa, que, como se indicou anteriormente, en parte está semisoterrada como consecuencia da diferenza de cota entre o interior do terreo e o camiño de acceso. De este xeito, na parcela xenérase un patio de ventilación/iluminación, de dimensións adecuadas para cumprir os parámetros de vivenda exterior. Con esta configuración, intencionadamente, a planta primeira é a única que sobresae completamente sobre rasante, na busca dunha mellor adaptación ó terreo, suavizando a transición coas edificacións próximas e a vía pública.