NOVA CONSTRUCIÓN

TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar

SITUACIÓN / Meis (Pontevedra)

PROMOTOR / Privado

ESTADO / En construción

SUPERFICIE ÚTIL /  258,50 m²

SUPERFICIE CONSTR. /  299,90 m²

Calificación enerxética/

Consumo de Enerxía Primaria non Renovable |

Consumo de Enerxía Emisións de Dióxido de Carbono |

DESCRICIÓN

A edificación proxectada conta con dúas plantas sobre rasante para vivenda, e tamén se pretende construir unha pequena piscina exterior, totalmente soterrada. A maior parte da superficie desenvólvese en planta baixa, xerando unha descomposición volumétrica escalonada que busca unha mellor adaptación á forma e escala do terreo. Con esta disposición preténdese alterar mínimamente as condicións do contorno. Nese sentido, coa nosa proposta, intentamos adaptarnos á forma, dimensións, orientacións e topografía da parcela, empregando un estilo arquitectónico contemporáneo, que á súa vez harmonice, na medida do posible, coas edificacións existentes no contorno próximo e a morfoloxía do asentamento.