NOVA CONSTRUCIÓN

TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar

SITUACIÓN / Panxón, Nigrán (Pontevedra)

PROMOTOR / Privado

ESTADO / Finalizada

SUPERFICIE ÚTIL / 263´25 m²

SUPERFICIE CONSTR. / 275´00 m²

DESCRICIÓN

A vivenda organízase escalonadamente, adaptándose á topografía do terreo, resolvendo o desnivel existente entre o camiño de acceso e a parcela (situada a cota superior) e volcándose ás vistas sobre o mar e as orientacións surleste e suroeste. Deste xeito, en planta semisoto sitúase o garaxe, instalacións, almacén, etc, xenerando un primer nivel no terreo, sobre o que se sitúa a planta de día, con salón, cociña/comedor, baño e cuarto de invitados. A última planta, adicada á zona de noite con tres dormitorios e un baño, disponse transversalmente á planta baixa, creando unha terraza e un porche cuberto na na zona do salón. A cuberta será plana con protección de canto rodado, e para os cerramentos de fachada utilizarase un sistema trasventilado, combinación de gres porcelánico e táboas de madeira termotratada.