NOVA CONSTRUCIÓN

TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar

SITUACIÓN / Poio (Pontevedra)

PROMOTOR / Privado

ESTADO / En proxecto

SUPERFICIE ÚTIL / 189,80 m²

SUPERFICIE CONSTR. / 230,90 m²

Calificación enerxética/Pendente de estudo

DESCRICIÓN

A edificación proxectada sitúase na zona máis baixa dun terreo en pendente. Ten relación con outras duas vivendas situadas aproximadamente na mesma cota, e está clasificada urbanisticamente dentro dun Solo Urbano Consolidado con ordenanza de aplicación nº 10 Grado 1. Conta con duas plantas sobre rasante, destinadas na súa totalidade a vivenda, e unha planta soto para garaxe, instalacións, lavandería, etc. A totalidade da superficie da vivenda desenvólvese liñalmente adaptándose á xeometría da parcela, e escalonadamente seguindo a pendente natural do terreo. Exteriomente, coa descomposición en dous niveis de cuberta, búscase tamén unha mellor adaptación ás condicións topográficas do terreo.