TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar
SITUACIÓN / Gondomar (Pontevedra)
PROMOTOR / Privado
ESTADO / Finalizada
SUPERFICIE ÚTIL / 451´50 m²
SUPERFICIE CONSTR. / 519´70 m²
DESCRICIÓN
A vivenda desenvólvese na súa totalidade en planta baixa cunha piscina exterior. Na planta soto sitúanse o garaxe, instalacións, lavandería, etc, anexas á vivenda, e unha zona de almacén de máis de 100 m² para a actividade profesional dun dos propietarios, con funcionamento totalmente independente da propia vivenda.
Tendo en conta as orientacións e as vistas á hora de configurar os diferentes espazos, o proxecto resolveuse de xeito orgánico, é dicir, organizando as partes da construción en consonancia co conxunto da obra, e esta co contorno.
O resultado foi unha construción en forma de “U” aberta cara á piscina e as vistas, para disfrute de tódolos espazos interiores. A zona de estar/comedor toma máis relevancia no conxunto grazas a contar cunha maior altura interior, que, ó mesmo tempo, permite diferenciar un volume no exterior fragmentando a cuberta plana.