TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar
SITUACIÓN / Lavadores, Vigo (Pontevedra)
PROMOTOR / Privado
ESTADO / En construcción
SUPERFICIE ÚTIL / 205´95 m²
SUPERFICIE CONSTR. / 251´50 m²
DESCRICIÓN
A forte pendente do terreo condiciona o proxecto, que se organiza en dous volumes diferenciados, un en planta baixa, que alberga a zona de día, con estar, cociña, baño, cuarto de invitados, estudio, garaxe e un xeneroso porche cuberto, e outro que sobresae en planta primeira para a zona de noite, con tres dormitorios e un baño.
Deste xeito, a volumetría escalonada adaptase á pendente natural do terreo. Ó mesmo tempo, as estancias principais (salón, cociña, dormitorios…) proxéctanse orientadas ó surleste, para conseguir un bo funcionamento bioclimático da edificación e unha mellora da súa eficiencia enerxética.