TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar
SITUACIÓN / Baiona (Pontevedra)
PROMOTOR / Privado
ESTADO / Finalizada
SUPERFICIE ÚTIL / 233´45 m²
SUPERFICIE CONSTR. / 249´95 m²
DESCRICIÓN
A vivenda está situada nun reducido terreo de forte pendente e cunhas impresionantes vistas sobre o mar. O acceso realízase pola parte máis alta da parcela, e isto condiciona o proxecto. Así, na planta de acceso sitúanse o garaxe exterior, estar, cociña, comedor, un cuarto dispoñible e un aseo. A distribución é diáfana para que as vistas sexan as protagonistas.
As outras duas plantas son semisoterradas adaptándose á pèndente natural do terreo, e nelas están os dormitorios, sala de xogos, instalacións, etc. A cuberta resólvese plana cunha zona sobrelevada que xenera un lucernario para iluminar cenitalmente a escaleira interior.
A vivenda conta con instalación aerotérmica para calefacción e auga quente sanitaria, así como recuperador de calor de cara a mellorar a eficiencia enerxética e facilitar a ventilación permanente interior.
A fachada resólvese cun sistema de illamento térmico polo exterior, máis coñecido como “SATE”, composto por unha única folla a base de bloque cerámico de termoarxila, illamento térmico e acabado de morteiro acrílico.