TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar
SITUACIÓN / Arbo (Pontevedra)
PROMOTOR / Privado
ESTADO / En proxecto
SUPERFICIE ÚTIL / 232,90 m²
SUPERFICIE CONSTR. / 271,80 m²
Calificación enerxética/Pendente de estudo
DESCRICIÓN
O terreo é practicamente chairo, con forma trapezoidal, e elevado aproximadamente uns 3 metros, con respecto á vía publica principal. A vivenda proxectada conta con dúas plantas sobre rasante, destinadas na súa totalidade a vivenda, porches e prazas de aparcamento. Tamén se pretende construir unha piscina exterior, totalmente soterrada, a nivel da planta baixa.
A súa situación elevada con respecto á vía pública, en combinación coas necesidades programáticas da propiedade, a xeometría do terreo, e a posición da orientación sur, levóunos a proxectala cunha planta baixa de maiores dimensións que a primeira, para así provocar premeditádamente unha descomposición en volumes de diferente tamaño, que escalona a composición, e suaviza a transición da edificación co terreo e as parcelas colindantes