NOVA CONSTRUCIÓN

TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar

SITUACIÓN / Vigo (Pontevedra)

PROMOTOR / Privado

ESTADO / En proxecto

SUPERFICIE ÚTIL / 277,05 m²

SUPERFICIE CONSTR. / 338,80  m²

Calificación enerxética/Pendente de estudo

DESCRICIÓN

A edificación sitúase na zona central dun terreo practicamente chairo. Ten relación con outras 5 vivendas preexistentes, situadas aproximadamente nesa cota, e con outra exactamente igual que está previsto construir no terreo colindante polo leste. O terreo está clasificado urbanisticamente dentro dun Solo Urbano Consolidado, segundo o Planeamento vixente. Conta con dúas plantas sobre rasante, destinadas na súa totalidade a vivenda e porches, e outra totalmente soterrada, fundamentalmente para garaxe/instalacións, á que se accede a través duha rampla situada na orientación Leste.
A maior parte da superficie da edificación proxectada desenvólvese en planta baixa, deste xeito, a diferenza volumétrica entre a planta baixa e a planta alta, provoca premeditadamente unha volumétrica escalonada do conxunto, que busca unha mellor adaptación ó terreo, e suaviza a transición coas parcelas colindantes e a vía pública.