TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar
SITUACIÓN / Vigo (Pontevedra)
PROMOTOR / Privado
ESTADO / En proxecto
SUPERFICIE ÚTIL / 366,30 m²
SUPERFICIE CONSTR. / 421,80 m²
Calificación enerxética/Pendente de estudo
DESCRICIÓN
Conta con dúas plantas sobre rasante, destinadas na súa totalidade a vivenda, e unha planta soto para garaxe, instalacións, lavandería, etc. A totalidade da superficie da edificación desenvólvese adaptándose á xeometría da parcela, e escalonadamente seguindo a pendente natural do terreo. Dous porches cubertos serven de transición entre o interior da vivenda e o xardín, o situado ó leste, na zona do salón e o da zona oeste na zona de dormitorios, neste caso con acceso directo a unha piscina exterior. Exteriomente, coa descomposición en varios niveis de cuberta, búscase tamén unha mellor adaptación ás condicións topográficas do terreo.