TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar
SITUACIÓN / Moaña (Pontevedra)
PROMOTOR / Privado
ESTADO / En construción
SUPERFICIE ÚTIL / 376,00 m²
SUPERFICIE CONSTR. / 442,10 m²
Certificación Enerxética/Pendente de estudo
DESCRICIÓN
A forte pendente do terreo e as impresionantes vistas sobre a ría de Vigo, condicionan o proxecto. Conta cunha planta sobre rasante, destinada a vivenda e zona de aparcamento, un pequeno espazo baixocuberta para estudio e terraza, unha planta baixo rasante para vivenda e terraza, e un pequeno semisoto non computable para instalacións, almacén, etc. A totalidade da superficie da vivenda desenvólvese adaptándose á xeometría da parcela, e escalonadamente seguindo, na medida do posible, a elevada pendente natural do terreo. Exteriormente, coa descomposición en varios niveis de cuberta, búscase tamén unha mellor adaptación visual ás condicións topográficas do terreo. Coa súa disposición preténdese alterar mínimamente as condicións do contorno, na busca dunha mellor adaptación á forma e escala da parcela. Deste xeito, o baixocuberta, ocupa unha pequena superficie da totalidade da planta para evitar que sexa unha pantalla visual dende o camiño de acceso.