NOVA CONSTRUCIÓN

TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar

SITUACIÓN / Vigo (Pontevedra)

PROMOTOR / Privado

ESTADO / En proxecto

SUPERFICIE ÚTIL / 191,80 m²

SUPERFICIE CONSTR. / 224,30 m²

Calificación enerxética/Pendente de estudo

DESCRICIÓN

A maior parte da superficie da edificación proxectada desenvólvese en planta baixa, que integra un amplo porche/zona de aparcamento cuberto, e remata en nun volume pechado destinado a lavandería/instalacións. A sensible diferenza volumétrica entre a planta baixa e a planta alta, provoca premeditadamente unha sinxela descomposición volumétrica escalonada do conxunto, que busca unha mellor adaptación ó terreo e suaviza a transición coas parcelas colindantes e a vía pública. Con esta disposición escalonada preténdese alterar mínimamente as condicións do contorno, na busca dunha mellor adaptación á forma e escala da parcela. Os diferentes materiais e texturas empregados en fachada (revestimento acrílico branco e aluminio gris) contribúen a reforzar estes aspectos e tratan de alixeirar á volumetría.