NOVA CONSTRUCIÓN

TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar

SITUACIÓN / Valga (Pontevedra)

PROMOTOR / Privado

ESTADO / En proxecto

SUPERFICIE ÚTIL / 302´25 m²

SUPERFICIE CONSTR. / 350´00 m²

DESCRICIÓN

A edificación sitúase na zona máis elevada dun terreo con suave pendente e situado a unha cota superior con respecto á estrada á que da fronte. Conta cunha única planta sobre rasante, destinada na súa totalidade a vivenda e unha planta soto para garaxe, instalacións, rocho, etc., que aproveita parte do desnivel existente entre o terreo e a vía pública. A planta desenvólvese en forma de , cun cambio de altura (a nivel de cuberta) na zona do salón/cociña/comedor, xerando unha sinxela descomposición volumétrica escalonada que busca unha mellor adaptación ó terreo.

Coa súa disposición preténdese alterar mínimamente as condicións do contorno, na busca dunha mellor adaptación á forma, escala, topografía e orientacións da parcela, empregando un estilo arquitectónico contemporáneo. Os diferentes materiais empregados en fachada (granito e táboas de madeira) contribúen a enfatizar estes aspectos e tratan de achegar ainda maior lixeireza á volumetría.