TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar
SITUACIÓN / Vigo (Pontevedra)
PROMOTOR / Privado
ESTADO / En proxecto
SUPERFICIE ÚTIL / 242,10 m²
SUPERFICIE CONSTR. / 274,30 m²
Calificación enerxética/Pendente de estudo
DESCRICIÓN
A edificación sitúase na zona máis elevada posible dun terreo con acusada pendente, cunha disposición que busca adaptarse á rasante natural do terreo, sen modificala substancialmente. Conta con dúas plantas para vivenda e unha piscina exterior. A maior parte da superficie desenvólvese en planta primeira, á que se accede dende a vía pública a través dunha zona cuberta de aparcamento que forma parte da vivenda. A planta baixa desenvólvese semisoterrada, aproveitando a pendente natural do terreo e xerando un porche no que se sitúa unha piscina exterior. Os diferentes materiais empregados en fachada (revestimento branco e táboas de madeira na planta primeira, e acabado granítico en planta baixa) contribúen a enfatizar estes aspectos e tratan de achegar maior lixeireza á volumetría.