TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar
SITUACIÓN / A Garrida, Valadares, Vigo
PROMOTOR / Privado
ESTADO / Finalizada
SUPERFICIE ÚTIL / 213´30 m²
SUPERFICIE CONSTR. / 254´65 m²
DESCRICIÓN
Esta vivenda unifamiliar de dimensións contidas, que se volca sobre se mesma en forma de L, está formada por dous volumes de distinta altura: No máis baixo (máis en contacto co terreo) está a zona de día (sala, cociña, comedor, etc) e no máis alto, a zona de noite (dormitorios, despacho, etc). Na planta semisoto están o garaxe, o almacén e as instalacións.
A edificación conta cunha elevada eficiencia enerxética, grazas a un coidado estudo do soleamento, e ó emprego de enerxía renovable para calefacción e auga quente sanitaria, cunha caldeira de biomasa alimentada por pellets.