TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar
SITUACIÓN / Meis (Pontevedra)
PROMOTOR / Privado
ESTADO / Finalizada
SUPERFICIE ÚTIL / 227,60 m²
SUPERFICIE CONSTR. / 260,80 m²
Consumo de Enerxía Primaria non Renovable/A
Consumo de Enerxía Emisións de Dióxido de Carbono/A
DESCRICIÓN
A vivenda proxectada sitúase na zona máis elevada dun terreo con suave pendente. Ten relación cun outras cinco vivendas, algunhas delas situadas nesa mesma cota, e outras a cota superior. Conta con dúas plantas para vivenda, e tamén se pretende construir unha pequena piscina exterior, totalmente soterrada. A maior parte da superficie desenvólvese en planta baixa, xerando unha descomposición volumétrica escalonada que busca unha mellor adaptación á forma e escala do terreo. Con esta disposición preténdese alterar mínimamente as condicións do contorno. Os diferentes materiais empregados en fachada (revestimeto pintado en branco, táboas de madeira e perpiaño de granito) contribúen a enfatizar estes aspectos e tratan de achegar maior lixeireza á volumetría.