casa_an1

OBRA NOVA

TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar

SITUACIÓN / Valadares, Vigo

PROMOTOR / Privado

ESTADO / Finalizado

SUPERFICIE ÚTIL / 221´00 m²

SUPERFICIE CONSTR. / 268´25 m²

DESCRIPCIÓN

Esta vivenda unifamiliar en forma de “T” desenvolve a maior parte do programa en planta baixa (dormitorios, estar, cociña, garaxe, etc) cunha pequena zona a dobre altura en planta primeira para estudio/sala de xogos, un dormitorio e un baño. A súa forma permite crear no terreo unha zona máis pública, co acceso á vivenda e o garaxe, e outra máis privada cun porche exterior cuberto que comunica a zona de estar coa de dormitorios.

 Conta cunha calificación enerxética “B” grazas ós espesores dos illamentos térmicos e ó emprego de enerxía renovable aerotérmica para calefacción por chan radiante e auga quente sanitaria.

casa_an3

casa_an2casa_an4