TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar
SITUACIÓN / Redondela (Pontevedra)
PROMOTOR / Privado
ESTADO / En construción
SUPERFICIE ÚTIL / 245,80 m²
SUPERFICIE CONSTR. / 285,50 m²
Calificación enerxética/
Consumo de Enerxía Primaria non Renovable | A
Consumo de Enerxía Emisións de Dióxido de Carbono | A
DESCRICIÓN
Como en todos os nosos proxectos, tratamos de adaptarnos á forma, dimensións, orientacións e topografía da parcela, empregando un estilo arquitectónico contemporáneo, que á súa vez harmonice, na medida do posible, coas edificacións existentes no contorno próximo e a morfoloxía do asentamento. A utilización de cuberta plana resulta, ó noso entender, fundamental no proxecto, pois conseguimos resolver a edificación cunha menor altura (minimizando o impacto visual), unha mellor adaptación á disposición escalonada da edificación e tratamos de manter parte da identidade da arquitectura popular, grazas á sinxeleza e pureza de liñas que a súa utlización aporta ó proxecto (a pesar de non existir arquitectura de tipoloxía tradicional na zona).