NOVA CONSTRUCIÓN

TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar

SITUACIÓN / Vigo (Pontevedra)

PROMOTOR / Privado

ESTADO / En proxecto

SUPERFICIE ÚTIL / 266,00 m²

SUPERFICIE CONSTR. / 307,50 m²

Calificación enerxética/Pendente de estudo

DESCRICIÓN

A totalidade da edificación proxectada desenvólvese en planta baixa, se ben a zona de estar/cociña, conta cunha maior altura libre interior, co que tamén se xenera, premeditadamente, unha diferenza volumétrica escalonada do conxunto exterior, que busca unha mellor adaptación ó terreo e suaviza a transición coas parcelas colindantes e a vía pública. Con esta disposición en planta baixa, e lixeiramente escalonada, preténdese alterar mínimamente as condicións do contorno, na busca dunha mellor adaptación á forma e escala da parcela, empregando un estilo arquitectónico contemporáneo.