TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar
SITUACIÓN / Camos,Nigrán (Pontevedra)
PROMOTOR / Privado
ESTADO / Finalizada
SUPERFICIE ÚTIL / 140´20 m²
SUPERFICIE CONSTR. / 163´80 m²
DESCRICIÓN
Trátase dunha sinxela vivenda de 2ª residencia que aproveita a orientación sur para organizar os diferentes espazos interiores, distribuidos en 2 plantas, co obxectivo fundamental de conseguir unha elevada eficiencia enerxética. Na planta baixa sitúanse o estar/cociña e un dormitorio, orientados ó sur a través de grandes ventanais e protexidos da radiación solar do verán por un vó de cuberta e polo volume que sobresae da planta primeira, na que se distribúen 2 dormitorios e 1 baño.
Os espazos cubertos exteriores serven, á súa vez de transición entre a vivenda, o terreo, e unha pequena piscina exterior.
A fachada resolverase cun sistema de illamento térmico polo exterior, máis coñecido como “SATE”, composto por unha única folla a base de bloque cerámico de termoarxila, illamento térmico e acabado de morteiro acrílico.