TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar
SITUACIÓN / Vigo (Pontevedra)
PROMOTOR / Privado
ESTADO / Finalizada
SUPERFICIE ÚTIL / 103´60 m²
SUPERFICIE CONSTR. / 122´50 m²
DESCRICIÓN
A normativa actual é moi esixente dende o punto de vista da eficiencia enerxética e sostenibilidade nas edificacións de nova construción. Con esta sinxela vivenda unifamiliar de planta baixa tratamos de dar resposta a estas necesidades normativas, sen descoidar as premisas de partida dos seus promotores, a relación co terreo, etc, todo elo con un deseño bioclimático e contemporáneo.
Na orientación sur sitúanse os espazos servidos tales coma estar, cociña e dormitorios, con xenerosos ventanais protexidos da radiación solar na época estival polo porche exterior cuberto que, ó mesmo tempo, serve de transición entre a vivenda e o terreo.
Na zona norte proxéctanse os espazos servidores, baños, instalacións, etc, con ocos de menores dimensións. Un espazo exterior cuberto nesta mesma zona serve de garaxe e protección para o acceso á vivenda.
Para o cerramento de fachada utilizarase un sistema de ilamento térmico polo exterior, máis coñecido como “SATE”, composto por unha única folla, a base de bloque cerámico de termoarxila, illamento térmico e morteiro con acabado acrílico.