
TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar con Piscina.
SITUACIÓN / Baión, Vilanova de Arousa (Pontevedra).
PROMOTOR / Privado
ESTADO / En construción.
SUPERFICIE ÚTIL /225 m²
SUPERFICIE CONSTR. / 258 m²
Calificación enerxética/A/A
DESCRICIÓN
A edificación proxectada sitúase na zona intermedia (dentro do ámbito delimitado como solo de núcleo rural), dun terreo sen apenas desniveis. Ten relación cun pequeno núcleo de 2 vivendas e algunha edificación auxiliar, situadas practicamente á mesma cota.
Na actualidade, o terreo conta con viñedos dispostos en parras perfectamente aliñadas en toda a súa lonxitude. Coa forma e disposición da vivenda, agora proxectada, intentamos manter parte de esa identidade orixinaria que lle outorgaban os viñedos, de aí que se desnvolva totalmente en planta baixa, dentro dun sólido rectangular, rematado con cuberta plana (en 2 niveis), facendo unha referencia conceptual á disposicion e xeometrías dos viñedos orixinarios.
Deste xeito, a vivenda desenvólvese na súa totalidade en planta baixa, na que que a zona de cociña/estar/comedor conta cunha maior altura interior, que se manifesta tamén exteriormente, xenerando unha sinxela descomposición volumétrica escalonada da cuberta plana, que busca unha mellor adaptación ó terreo, e suaviza a transición coas parcelas colindantes e a vía pública. Os diferentes materiais e texturas empregados en fachada (revestimento acrílico branco e perpiaño de granito) contribúen a enfatizar estes aspectos e tratan de achegar maior lixeireza á volumetría. Unha piscina exterior, totalmente soterrada, formando “L” coa vivenda, encárgase de rematar o conxunto.


