
TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar
SITUACIÓN / Mos (Pontevedra).
PROMOTOR / Privado
ESTADO / En construción.
SUPERFICIE ÚTIL / 215 m²
SUPERFICIE CONSTR. / 254 m²
Calificación enerxética/A/A
DESCRICIÓN
A vivenda proxectada está composta por 2 plantas sobre rasante. A baixa, dunha superficie significativamente maior que a primeira, foi deseñada cunha disposición en dobre ”L” invertida, co obxectivo de organizar o programa e os diferentes espazos, en función das necesitades, así como da orientación e o soleamento. Deste xeito, enfrontada á vía pública, está a primeira ramificación da dobre “L”, para facilitar o tránsito peonil e de veículos, e albergar a zona de aparcamento exterior cuberto, o acceso á vivenda e a zona de instalacións, almacén, etc. Na segunda ramificación, orientada cara á zona leste /sur do terreo, e a unha arboreda preexistente, sitúanse as zonas de estar, comedor, cociña e cuarto de invitados.
Polo que se refire á planta primeira, ocupa unha superficie moito menor que a da planta baixa, nun volume máis compacto, e está destinada na súa totalidade á zona de noite, con tódolos dormitorios de uso habitual.
Trátase dunha solución singular resolta con cuberta plana, que permite, organizar espazos con diferente funcionalidade, e, ademais, grazas á premeditada diferenza volumétrica entre a planta baixa e a primeira, xera unha composición escalonada do conxunto, que busca unha mellor adaptación e posicionamento no terreo.

