NOVA CONSTRUCIÓN

TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar

SITUACIÓN / Mos (Pontevedra). (Pontevedra)

PROMOTOR / Privado

ESTADO / En construción.

SUPERFICIE ÚTIL /274 m²

SUPERFICIE CONSTR. / 329 m²

Calificación enerxética/A/A

DESCRICIÓN

A edificación proxectada sitúase na zona máis próxima á vía pública (a cota inferior), dun terreo practicamente chairo. Ten relación cun pequeno núcleo de 7 vivendas, algunhas delas situadas aproximadamente á mesma cota, e outras á cota inferior. A totalidade do terreo está clasificado urbanisticamente dentro dun Solo de Núcleo Rural Común. Conta duas plantas sobre rasante, destinadas na súa totalidade a vivenda, e unha planta totalmente soterrada (a través da que se produce o acceso dende a vía pública) para garaxe, instalacións, lavandería, etc.

A maior parte da superficie da edificación proxectada desenvólvese en planta baixa, deste xeito, esa diferenza superficial entre a planta baixa e a planta alta, provoca premeditadamente unha sinxela descomposición volumétrica escalonada do conxunto, que busca unha mellor adaptación ó terreo, e suaviza a transición coas parcelas colindantes e a vía pública. Os diferentes materiais e texturas empregados en fachada (revestimento acrílico branco e gris) contribúen a enfatizar estes aspectos e tratan de achegar maior lixeireza á volumetría.