TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar
SITUACIÓN / Barreiro, Morgadáns, Gondomar (Pontevedra)
PROMOTOR / Privado
ESTADO / Finalizada
SUPERFICIE ÚTIL / 134´40 m²
SUPERFICIE CONSTR. / 196´50 m²
DESCRICIÓN
A vivenda orixinaria está composta por dous volumes claramente diferenciados. O volume da zona leste está actualmente xa rehabilitado e utilízase como vivenda habitual dunha persoa.
O volume alongado da zona oeste é o obxecto desta rehabilitación. Mantense practicamente a configuración orixinaria, máis redistribúese interiormente, establécese unha comunicación pechada entre as dúas zonas da vivenda que funciona ó mesmo tempo como galería invernadoiro orientada ó sur, e amplíase o salón cun voo acristalado enfocado ás impresionantes vistas sobre a ría de Vigo.