TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar
SITUACIÓN / R/Parada, Cabral, Vigo (Pontevedra)
PROMOTOR / Privado
ESTADO / Finalizado
SUPERFICIE ÚTIL / 243´60 m²
SUPERFICIE CONSTR. / 284´05 m²
DESCRIPCIÓN
O proxecto parte da esixencia dos clientes de resolver un amplio programa de necesidades nunha única planta, agás o garaxe e instalacións que poderían estar en planta soto. A tarefa presentábase complicada, dado que as dimensións do terreo non eran demasiado xenerosas, e a súa forma trapezoidal complicaba inicialmente o seu aproveitamento.
Con estes condicionantes, e tendo moi en conta as orientacións á hora de configurar os diferentes espazos, o proxecto resolveuse de xeito orgánico, é dicir, organizando as partes da construción en consonancia co conxunto da obra, e ésta co contorno.