TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar
SITUACIÓN / Estrada de Valadares,Vigo
PROMOTOR / Privado
ESTADO / Finalizada
SUPERFICIE ÚTIL / 174´10 m²
SUPERFICIE CONSTR. / 211´85 m²
DESCRICIÓN
O terreo sitúase nunha ladeira de forte pendente, que co paso dos anos se foi transformando nunha bancada intermedia entre dous terreos lindantes, e separada deles por muros de contención.
Deste xeito, e coa intención de mimetizarse co contorno o máximo posible, a edificación sitúase arrimada ó muro, aflorando unicamente un pequeno volume da planta baixa cunha cuberta inclinada seguindo a pendente orixinaria do terreo.
A cuberta plana transitable do resto da vivenda, serve tamén de terraza/miradoiro, grazas a súa posición elevada sobre as parcelas veciñas.
Un pequeno patio interior ilumina, ventila e crea un sinxelo xardín xunto á cociña, ó tempo que permite visualizar interiormente parte do muro de contención sobre o que se desenvolve a vivenda.