TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar
SITUACIÓN / Fonte escura,Cabral,Vigo
PROMOTOR / Privado
ESTADO / Finalizada
SUPERFICIE ÚTIL / 136´60 m²
SUPERFICIE CONSTR. / 185´50 m²
DESCRICIÓN
O obxectivo era rehabilitar unha vivenda unifamiliar existente para convertela en dúas vivendas capaces de funcionar independentemene, efectuar unha ampliación en planta baixa para porche de acceso e incrementar minimamente a súa altura para habilitar un pequeno aproveitamento baixocuberta. Todo iso sendo o máis respectuoso posible co carácter tradicional orixinario da edificación.