TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar
SITUACIÓN / Estrada do Portal, Valadares, Vigo
PROMOTOR / Privado
ESTADO / Finalizada
SUPERFICIE ÚTIL / 226´70 m²
SUPERFICIE CONSTR. / 264´60 m²
DESCRICIÓN
O proxecto resólvese en dúas zonas diferenciadas, que se adaptan ás orientacións e topografía do terreo, distribuídas en tres niveis diferentes situados a media cota: a cota intermedia proxéctase o acceso e a zona de día (sala, comedor, cociña, etc); a cota superior sitúase a zona de noite (dormitorios, baños, etc), mentres que a cota inferior baixo a rasante do terreo resólvense o garaxe e as instalacións.
O conxunto unifícase cunha única cuberta a unha soa auga acompañando a pendente natural do terreo. Esta unificación rómpese na unión entre as dúas zonas da edificación cunha pequena peza con cubrición plana que acolle un cuarto dispoñible, un aseo e crea un porche cuberto na saída do salón-comedor cara á zona traseira do terreo.