TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar.
SITUACIÓN / Coruxo, Vigo
PROMOTOR / Privado
ESTADO / En proxecto
SUPERFICIE ÚTIL / 308´85 m²
SUPERFICIE CONSTR. / 359´00 m²
DESCRIPCIÓN
A vivenda, coa súa disposición en forma de “L”, privatiza unha porción do terreo, con 2 volumes diferenciados, nos que se configuran os diferentes espazos en función da orientación e o soleamento.Na planta baixa sitúase a zona de día, composta por cociña, comedor, sala e dormitorio de invitados. Exteriormente, créanse diferentes espazos cubertos pola planta superior, que poden ser utilizados como garaxe, porche, etc, e que permiten dotar á vivenda de zonas de sombra na época estival.No nivel superior está a zona de noite, con tres dormitorios, un estudio/biblioteca e unha terraza cuberta. Na planta soto está o garaxe, instalacións, e zona de lavado.
O riguroso estudo das orientacións, zonas en sombra, dimensións dos ocos, etc, sumado ó emprego de enerxías renovables, permiten dotar á vivenda dunha elevada eficiencia enerxética.