NOVA CONSTRUCIÓN

TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar

SITUACIÓN / Arbo(Pontevedra)

PROMOTOR / Privado

ESTADO / En construcción

SUPERFICIE ÚTIL / 353´05 m²

SUPERFICIE CONSTR. / 423´70 m²

DESCRICIÓN

A vivenda distribúese en planta soto para garaxe, almacén, bodega, instalacións e ximnasio, planta baixa para zona de día, con estar, comedor, cociña, dormitorio de invitados, cuarto de prancha, baño e porche cuberto, e planta primeira, para zona de noite, con tres dormitorios, dous baños, vestidor e pequeno despacho.

A maior dimensión da planta baixa da vivenda permite unha mellor adaptación ó terreno. As cubertas, con suaves pendentes minimizan o impacto visual.

Coa implantación da edificación (organización de espazos, altura, volumetría) buscamos alterar mínimamente as condicións do contorno, así como adaptarnos a forma, dimensións, orientacións e topografía da parcela, empregando un estilo arquitectónico contemporáneo.

No deseño aplicáronse conceptos bioclimáticos, na procura dunha mellor eficiencia enerxética. Deste xeito, os dormitorios están orientados ó leste, mentres que as zonas de estar e a cociña sitúanse no sur e oeste respectivamente, protexidas da radiación solar estival por un xeneroso porche cuberto. Na zona norte quedan os espazos servidores, tales coma baños, vestidor, cuarto de prancha e acceso.