NOVA CONSTRUCIÓN

TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar

SITUACIÓN / Salvaterra de Miño (Pontevedra)

PROMOTOR / Privado

ESTADO / En proxecto

SUPERFICIE ÚTIL / 356´30 m²

SUPERFICIE CONSTR. / 416´00 m²

DESCRICIÓN

A vivenda está condicionada pola súa situación nun terreo xa urbanizado, con piscina, xardín, muros de peche definitivos, etc. Adáptase a estes condicionantes, con dúas plantas sobre rasante, volcando os espazos vivideiros, tales coma estar, cociña, dormitorios, etc, ó sur (na procura dunha mellor eficiencia enerxética) e á piscina preexistente. Os baños, distribuidores, garaxe, etc, sitúanse no norte.

Buscóuse unha descomposición da volumetría exterior, cunha planta baixa de maior superficie que a primeira, para unha mellor adaptación ó terreo. A planta soto estará adicada a almacén, ximnasio, instalacións e lavandería.

O material de fachada de planta baixa será un granito similar ó do muro de peche preexistente, mentres que na planta alta utilizarase unha cerámica branca.

casa_PF2casa_PF5

casa_PF3casa_PF6casa_PF4