casa_j1

NOVA CONSTRUCIÓN

TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar

SITUACIÓN / San Miguel de Oia, Vigo

PROMOTOR / Privado

ESTADO / Finalizada

SUPERFICIE ÚTIL / 258´85 m²

SUPERFICIE CONSTR. / 297´60 m²

DESCRICIÓN

A vivenda está composta por planta soto para garaxe, instalacións e lavandería, planta baixa para estar, cociña, dormitorio, aseo e porche cuberto, e planta primeira para tres dormitorios, dous baños e unha terraza. A forma triangular do terreo e as impresionantes vistas sobre a ría de Vigo condicionan o proxecto, que se desenvolve en dous volumes de distinta altura, cunha cuberta a unha única auga seguindo a pendente natural do terreo. Conta cunha calificación enerxética “B” grazas a un elevado nivel de illamento térmico e o emprego dunha instalación xeotérmica para calefacción por chan radiante e auga quente sanitaria.

casa_j2

casa_j03casa_j4