NOVA CONSTRUCIÓN

TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar

SITUACIÓN / Tomiño (Pontevedra)

PROMOTOR / Privado

ESTADO / Finalizada

SUPERFICIE ÚTIL / 135´50 m²

SUPERFICIE CONSTR. / 157´10 m²

DESCRICIÓN

Trátase dunha sinxela vivenda, deseñada totalmente en planta baixa, en forma de “T”. Na vertical da “T” sitúanse o acceso, o salón/comedor e a cociña. Na horizontal esquerda están os dormitorios e na dereita, un garaxe exterior con asador, comunicado coa vivenda e que permite diferentes funcionalidades en función das necesidades. Tanto a zona de día como a de noite (diferenciada tamén pola súa maior altura interior/exterior) organízanse volcadas a unha piscina exterior en contacto co terreo e orientada ó sur.