NOVA CONSTRUCIÓN

TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar

SITUACIÓN / Gándara, Vigo

PROMOTOR / Privado

ESTADO / Finalizada

SUPERFICIE ÚTIL / 387´60 m²

SUPERFICIE CONSTR. / 449´61 m²

DESCRICIÓN

Esta vivenda ten a particularidade de que foi deseñada seguindo as indicacións previas dun Xeobiólogo que, mediante a utilización de varillas “L” en suspensión, detecta estímulos electromagnéticos, magnetismos, radiacións, etc. As zonas xeopatóxenas detectadas neste estudio (vías de auga, oquedades, etc) non son apropiadas para situar estancias da vivenda de permanencia máis habitual, como poden ser dormitorios, salón, cociña, etc.

Nun dos planos de situación que se adxuntan pódense observar sombreadas as zonas xeopatóxenas detectadas, e como as únicas estancias que se sitúan sobre elas son  o baño e o vestidor do dormitorio principal de planta primeira, mentres que o resto da vivenda queda fora da zona de influencia.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.