NOVA CONSTRUCIÓN

TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar

SITUACIÓN /  Camiño do Portal, Valadares, Vigo

PROMOTOR /  Privado

ESTADO /   Finalizado

SUPERFICIE ÚTIL /   325´10 m²

SUPERFICIE CONSTR.  /   365´95 m²

DESCRIPCIÓN

O proxecto da vivenda deu resposta a varios condicionantes: unha parcela moi irregular, de reducidas dimensións e situada a unha cota superior con respecto ó vial de acceso; a proximidade doutras edificacións, sobre todo polos lindeiros norte e sur, e a existencia dun hórreo (en estrutura) que había que conservar e co que se quería ser respetuoso.Deste xeito, cun amplo programa de necesidades resolto en dúas plantas e máis un semisoto para garaxe, instalacións e bodega, a vivenda configúrase lonxitudinalmente cunha envolvente principal practicamente cega, con acabado de chapa granito, que se prolonga máis alá de los límites da edificación. 

Transversalmente, o cerramento, que combina chapa de lousa, aluminio e vidro, permite crear transparencias e composicións volumétricas entre os espazos interiores, o terreo circundante e o hórreo, buscando a súa integración no conxunto.

Interiormente, os espazos diáfanos contribúen a resaltar estas transparencias, de forma que dende calquera punto da vivenda tense o control do exterior, o xardín, o hórreo, a fonte…

Os cerramientos resolvéronse co sistema denominado fachada transventilada, que consiste nun aplacado exterior (granito e lousa) separado e ancorado ó cerramento principal por unha subestrutura de aceiro, que favorece a circulación de aire, permite manter condicións de baixa humidade, e mellora a eficiencia enerxética da edificación.

subir

cofelia2

cofelia3

cofelia3

cofelia5
cofelia4