cdiana1
NOVA CONSTRUCCIÓN

TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar

SITUACIÓN / Estrada do Portal, Valadares, Vigo

PROMOTOR / Privado

ESTADO / Finalizada

SUPERFICIE ÚTIL / 226´70 m²

SUPERFICIE CONSTR. / 264´60 m²

DESCRICIÓN

O proxecto resólvese en dúas zonas diferenciadas, que se adaptan ás orientacións e topografía do terreo,  distribuídas en tres niveis diferentes situados a media cota: a cota intermedia proxéctase o acceso e a zona de día (sala, comedor, cociña, etc); a cota superior sitúase a zona de noite (dormitorios, baños, etc), mentres que a cota inferior baixo a rasante do terreo resólvense o garaxe e as instalacións.
O conxunto unifícase cunha única cuberta a unha soa auga acompañando a pendente natural do terreo.  Esta unificación rómpese na unión entre as dúas zonas da edificación cunha pequena peza con cubrición plana que acolle un cuarto dispoñible, un aseo e crea un porche cuberto na saída do salón-comedor cara á zona traseira do terreo.

cdiana2 cdiana4copy
cdiana3

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.