cbernardo1

NOVA CONSTRUCCIÓN

TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar

SITUACIÓN / R/ Outeiro-cruz, Arnoia (Ourense)

PROMOTOR / Privado

ESTADO / Finalizada

SUPERFICIE ÚTIL / 212´60 m²

SUPERFICIE CONSTR. / 258´90 m²

DESCRICIÓN

A forma da parcela e as orientacións son os factores determinantes do proxecto. Deste xeito a vivenda resólvese liñalmente á estrada de acceso, e escalonadamente na zona oeste, buscando así adaptarse o máximo posible ó deslinde existente.
Esta liñalidade frontal, acentuada pola prolongación dos muros da fachada, e unicamente rota por un pequeno vó en planta primeira, contrasta coa descomposición en volumes diferenciados da parte traseira. A vivenda así resolta intenta, por unha banda, manifestar exteriormente a dosposición interior, e por outra,  suavizar o encontro da edificación co terreo.

As formas  son claras e rotundas. As cubertas planas corroboran este aspecto.
Panos de aluminio e carpintería intercalados coa fábrica de granito alixeiran o conxunto.

cbernardo2
cbernardo3