cana

NOVA CONSTRUCCIÓN

TIPOLOXÍA / Vivenda Unifamiliar

SITUACIÓN / Camiño Carapucha,Matamá, Vigo

PROMOTOR / Privado

ESTADO / Finalizado

SUPERFICIE ÚTIL / 136´40 m²

SUPERFICIE CONSTR. / 156´85 m²

DESCRIPCIÓN

Pequena vivenda unifamiliar condicionada fundamentalmente por un presuposto reducido e polas peculiares características do terreo, de escasas dimensións, cunha servidume lateral de paso de 2 metros de anchura, que aínda o reduce en maior medida, e moi próximo a unha vivenda no lindeiro oposto.
Deste xeito a vivenda péchase a estes dous lindeiros laterais, tanto a través da tipoloxía de material empregado, perpiaño de granito que se prolonga máis alá dos límites da edificación para privatizala en maior medida, como polo do tamaño dos ócos, de moi reducidas dimensións nesas fachadas.
Polo contrario, é máis permeable nas outras 2 orientacións, neste caso empregando un material máis lixeiro, como é a fábrica de ladrillo pintada, e ócos de dimensións máis xenerosas.

Interiormente a edificación adáptase á pendente do terreo, con niveis intercalados a diferentes alturas. Esta distribución maniféstase no exterior a través de dous volumes diferenciados, un dunha única planta con cuberta plana, e outro de dúas plantas con cuberta inclinada.

Un gran beiril na cuberta plana da planta baixa, serve de porche de acceso á vivenda, ó mesmo tempo que pode ser utilizado como garaxe exterior de vehículos, contribuíndo a privatizar o acceso con respecto á servidume de paso.

cana4

cana2
cana3